Arquitectura mestre-escravo

A arquitectura mestre/escravo (tamén denominada supervisor/traballador) é unha arquitectura de sistemas nos que un compoñente realiza labores de control, supervisión e coordinación (denominado mestre), e os restantes realizan tarefas específicas (denominados escravos), devolvendo os resultados ao compoñente mestre[1].

A aplicación deste tipo de arquitectura é bastante habitual no eido da programación paralela, permitindo obter grandes melloras de rendemento.

  1. Dicionario galego das TIC - mestre/escravo”, Dicionario galego das TIC. Consultado o 16 de abril do 2015.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy